E iso que o propio goberno do PP, asegurou unha e outra vez que non subvencionaría as touradas, algo que no cumpriu pois subvencionounas de maneira encuberta mediante un subterfuxio, así o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella un un insulto á intelixencia dos coruñeses e coruñesas utilizar a triquiñuela da feira ecuestre para xustificar o acondicionamento do Coliseum para corridas de toros a conta das arcas municiapis. Así o IMCE instalou e engalanou a praza e o patio de cabalos, o calexo, o recheo de area, os burladeiros, etc. con cartos dos coruñeses e coruñesas. Por moito que o PP afirme falazmente que non subvencionou ás touradas, argumento que cae baixo o seu propio peso ao comprobar que a feira taurina celébrluse antes que a equina.
Pero o PP non contento con desprezar o sentir maioritario da veciñanza coruñesa, de evitar un consulta popular para que a ciddadanía decidise libre e democráticamente, como se demandada tanto dende EU como dende Galicia Mellor Sen Touradas e de tratar de enganar á cidadanía, agora non se preocupa nin tan sequera de facer cumprir a ordenanza municipal.
Esquerda unida insta ao goberno municipal a que obrigue á empresa adxudicataria a inmediata retirada dos cartaces das torurdas, pois logo de 15 días os coruñeses temos que seguer a ver os carteces anunciadores da feira taurina, ao tempo de sentir vergoña de que os visitantes observen que nunha cidade moderna seguense a desenvolver con axuda pública espectáculos crueis cos animais. Pois nos propios cartaces indícase que o Concello da Coruña colabora coas touradas.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno local porque non fixo cumprir a normativa municipal para uso de mobiliario urbano á empresa organizadora da feira taurina.