gondomar.gif - 5.90 Kb

Reunión coa Comunidade de Montes de Couso

 

A C.M. de Couso caracterizase por ser unhas das mais activas do noso concello, o cal non limita a súa actividade só ao monte veciñal, senón que tamén a propia parroquia, como a pavimentación de camiños, unha casa social ou o propio saneamento. Dentro da actividade forestal, teñen creado sendeiros que recorren muíños e petrogrifos, un roteiro (o 2º estará listo para o mes), procesos iniciais para o cultivo de cogomelos, o cal é moi interesante xa que mantén po monte limpo e evita incendios, crea postos de traballo permítelle ter uns ingresos anuais fixos, non como a venta de madeira que só daría cartos un ano.

O líquido que percibe a C.M. de Couso é principalmente de subvencións dadas pola Xunta e a Unión Europea, pero este ultimo ano non percibiron ningunha subvención da Xunta de Galicia.

As peticións da C.M. de Couso foron as seguintes (non só se limitaron ao ambito forestal):

– Un P.X.O.M. no cal figure a lei de prevención de incendios, en canto as distancias entre foresta e solo construído.

– Axilidade de tramitación de expedientes por parte do concello de Gondomar para pedir subvencións e diverso papeleo.

– Un maior investimento en Couso, que chegue a ser igualitario, que Couso perciba tanto como outras parroquias (saneamento, camiños, zonas de recreo…)

– Maior obra social.

Relacionados