Resulta abraiante que logo de anos de loita de mariscadores, Plataforma en defensa da ría do Burgo e da cidadanía coruñesa en xeral, non se avanzase na solución do problema.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes critica que o Goberno central non dedique investimentos para a rexenerar a ría do Burgo e que nin tan sequera careza de proxecto para rexenerar a ría do burgo. Insistimos na necesidade que se destine unha partida orzamentaria para a rexeneración da Ría do Burgo, que este ano quedou sen investimento nos PXE a pesares da existencia dun Protocolo de Colaboración elaborado pola Xunta, que é de coñecemento do Goberno Central. É necesario a urxente rexeneración da nosa ría, o que en lugar de ser un gasto e un auténtico investimento en economía produtiva que axudará á reactivación económica para a nosa comarca, grazas a poñer en valor a nosa riqueza natural, ademais de mellorar a calidade de vida da cidadanía e arranxar unha enorme desfeita medioambiental.
Esquerda Unida considera que o Goberno municipal incumpre co seu silencio o acordo plenario alcanzado pola corporación para recuperar a ría do Burgo, así no Pleno Ordinario do 12 de setembro de 2011 a Corporación Municipal acordou unha moción aprobada polo PP, o PSOE e EU-V para “Instar a que as Administracións competentes asuman definitivamente as súas responsabilidades para que todas traballen na mesma dirección co fin de conseguir a completa rexeneración e recuperación da Ría do Burgo, ao obxecto de que se estableza unha dotación orzamentaria que permita finalizar en 2012 o proxecto integral de rexeneración, para que os mariscadores poidan levar a cabo o seu traballo e para que os cidadáns poidan gozar dunha Ría do Burgo saneada”.
Con todo o Goberno municipal, antepoñendo como sempre os intereses partidistas aos da cidadanía coruñesa, mantén un silencio cómplice, e demostra a súa nula capacidade para defender os intereses da Coruña diante do Goberno central, apesares de incumprir unha vez máis un acordo plenario.
Por outra banda, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “semella curioso observar como aquel que cando gobernaba a cidade calaba diante da inacción dun goberno central do seu mesmo color, agora preténdase erixir en abandeirado da rexeneración da ría do Burgo e acuse ao Goberno central do PP de falta de compromiso, exactamente o mesmo que sucedía cando Gobernaba o PSOE.
“Hai que ter cara dura para reivindicar dende a oposición o que non se fixo mentres se gobernaba”, afirmou César Santiso quen aseguro que neste tema como noutros moitos os coruñeses e coruñesas non nos sentimos representados polo exalcalde.
Santiso rematou indicando que “esta actitude hipócrita, tanto do PSOE como do PP, antepoñendo os intereses do partido aos da veciñanza, merece ser castigadas tanto nas urnas como nas rúas. Porque é evidente que nada están a facer por beneficiar a calidade de vida dá cidadanía e en defensa dúas postos de traballo do sector marisqueiro e dá economía dá nosa bisbarra”.