En primeiro lugar tomou a palabra o patrón maior quen agradeceu o interese que mostra constantemente Esquerda Unida na defensa da Ría do Burgo, posteriormente indicou o motivo da rolda de prensa “Explicar por parte de los responsables Esquerda Unida unha contestación a unha pregunta desenvolvida polo seu grupo parlamentario en Madrid en relación coa extracción dos lodos”. Posteriormente Manuel Cao expuxo que a Confraría sempre tivo claro que o proxecto redactado polo ministerio de medioambiente que xa está aprobado, recolle que a Xunta ten que facer un plan de xestión de residuos. Cao tamén fixo un chamamento ao Goberno da Xunta para que nos orzamentos do 2011.
Posteriormente tomou a palabra César Santiso, quen explicou que a resposta do Goberno central ven precedida dunha interpelación parlamentaria presentada polo voceiro do Grupo Parlamentario de Esquerda Unida, Gaspar LLamazares, a proposta do Grupo Municipal de EU en Cambre segundo as reclamacións e inquietudes dos marisqueiros. Santiso explico que aínda que tardía, a resposta é clara, curta e concisa, pois indica que a actividade de marisqueo é competencia das comunidades autónomas e que o ministerio de Medio Ambiente ten finalizado o proxecto de rexeneración da Ría do Burgo no que se contempla o dragado da ría, pero que non pode comezar a súa execución porque está a espera de dúas actuacións que son competencia exclusiva da Xunta de Galicia: a eliminación dos vertidos sobre a ría e a elaboración do proxecto de tratamento de residuos. Así pois, a resposta ven a desmentir as declaracións do Conselleiro de Medio Ambiente e evidencia que a Xunta do PP está a terxiversar a realidade, encomendando as súas tarefas ao Goberno Central para non cumprir coas súas obrigas en relación ao saneamento da Ría do Burgo, por ese motivo Esquerda Unida solicita ao Goberno da Xunta de Galicia que cumpra coas súas responsabilidades para rematar co drama medioambiental, económico e social que está a vivir a comarca coruñesa.
Finalmente Luis Taibo, voceiro do Grupo Municipal de Cambre, explicou que os concellos teñen recursos moi limitados polo que a súa capacidade no saneamento da Ría do Burgo e moi pequena, pero si que teñen competencias para evitar os verquidos que están a chegar a ría. Así en Cambre o Grupo Municipal de Esquerda Unida está a traballar a reo para que o Goberno Municipal resolva os problemas dos verquidos como os do polígono de Tambre ou o Río Gándara que maioritariamente veñen do polígono de Espiritu Santo. Asemade, Taibo comentou que EU Cambre está a traballar na presentación de iniciativas e preguntas parlamentarias como a que deu lugar a esta resposta do Goberno central que se está a presentar.







