Rolda de prensa ría do Burgo

 

Participaron na devandita rolda de prensa o presidente dos mariscadores de a pe, Manuel Baldomir, o presidente dos mariscadores de a flote, Marcos Sande e o representante de Esquerda Unida, César Santiso.

 

Manuel Baldomir fixo a presentación e de seguido deu a palabra ao representante de Esquerda Unida, quen informou do contido da resposta da Comisión Europea, quen dando a razón a esquerda unida e aos mariscadores, non autoriza a Xunta de Galicia a “depuración intensiva” para comercializar o marisco extraído en zonas C. Asemade informou que o laboratorio de referencia de la Unión Europea expresou as suas serias preocupacións sobre a posibilidade de eliminar a contaminación viral utilizando o tratamiento de depuración intensiva.

 

Asemade, César Santiso, informou que a Comisión Europea diante do incumprimento da directiva marco da auga, anunciou que xa iniciou un procedimiento xurídico de infracción que podería acabar no tribunal de xustiza europeo. Situación que a xuízo do representante de EU é vergoñenta, pois resulta moi triste que teña que ser a CE vía sancións económicas, e non os Gobernos central e autonómico por serivzo a cidadanía, quen obrigue a resolver o drama medioambiental, social e económico que está a vivir a nosa comarca.

 

Santiso pasou posteriormente a enumerar as constantes eivas da Xunta de Galicia en relación coa Ría do Burgo, primeiro a Consellería de Medio Ambiente intentou inculpar da innación política ao Goberno central indicando que o tratamento dos lodos era obriga do Ministerio de Medio Ambiente, alog que os mariscadores e Esquerda Unida desmentimos dende o primeiro momento. Como a Xunta proseguía na súa falacia, Esquerda Unida desenvolveu unha interpelación parlamentaria a través do seu voceiro parlamentario, Gaspar Llamazares, a resposta do Goberno foi curta, clara e puxo en evidencia os enganos da Xunta, o Ministerio de Medio Ambiente ten desenvolvido o proxecto de rexeneración integral para a Ría do Burgo, pero a súa execución depende que a Xunta de Galicia realice dous actuacións que son da súa competencia: eliminación de verquidos contaminantes e elaboración dun proxeto de tratamento de residuos.

 

Por outra banda, a Xunta de Galicia sacouse da manga un milagreiro tratamento de depuración intensiva co que pretendía comercializar o marisco tóxico recollido nunha ría contaminada. De novo Esquerda Unida xunto cos mariscadores opusímonos a semellante disparate que poñia en xogo a sáude dos consumidores, e de novo a Xunta asegurou que o sistema era seguro, o que vino a supoñer un novo erro como demostrou a Comisión Europea, diante da interpelación presentada por EU, negando a autorización do devandito tratamiento.

 

Unha vez máis, a Xunta actuando de costas a sociedade, tenta por en circulación un produto perigroso, como son os moluscos capturados na ría do Burgo, nesta ocasión a Consellería do Mar reclasificou unha zona de produción que era C en B para, así poder comercializar o produto en base a unhas analíticas que abalavan a calidade do devandito produto. Os mariscadores e Esquerda Unida, teimudamente, voltaron a rexeitar a decisión da Xunta, pois semella imposible que co nivel de contaminación existente na ría do Burgo poidan aparecer moluscos actos para o consumo. Agora a propia Cosnellería do Mar, diante das probas aportadas polos mariscadores, recoñece que os puntos de muestreo non se atopan dentro da zona reclasificada, no que para Esquerda Unida constitue un presunto atentado contra a saúde. Pero a desfachatez non remata ahí senón que lle votan as culpas á oficina técnica da Confraría de Pescadores da Coruña.

 

Para Esquerda Unida o tema está claro, a Xunta do PP tentou a aplicación dun tratamento de depuración intensiva non contrastado e cambiou a clasificación dunha zona da ría do Burgo, de C a B co único propósito de retirarlle la subvención dos fondos europeos aos mariscadores da Ría do Burgo, como castigo as súas xustas reivindicacións encamiñadas a rexeneración da Ría.

 

Así, o Goberno do PP deixa ben as claras o seu baixo talante democrático e a súa insensatez. Pois é capaz de faltar a realidade e poñer en xogo a saúde da cidadanía con tal de castigar aos colectivos reivindicativos que pretenden defender os seus dereitos, como o de mariscadores da Coruña.  No entanto, queremos deixar moi claro a cidadanía e a Xunta do PP que os mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo contarán co apoio solidario e sincero de Esquerda Unida, tanto o Consello Comarcal da Coruña como o Consello Local de Cambre apoiaremos as xustas reivindicacións de este colectivo, xa que logo, desenvolveremos novas interpelacións diante do Parlamento español e a Comisión Europea.

 

De seguido tomou a palabra o presidente dos mariscadores de a pe quen agradeceu o apoio de Esquerda Unida nas súas reivindicacións e confirmou a respostas dadas a EU pola Comisión Europea, asemade afirmou que as discrepancias en relación coas analíticas nas que se basea a Xunta para a reclasificación da zona produtiva para o marisqueo, non se basean en poñer en dúbida os análises desenvolvidos polo Instituto tecnolóxico para o control do medio mariño de Galicia (intecmar) senón dos puntos de mostra pois estes atópanse fora da zona reclasificada. Polo que considerou que a Xunta do PP está a utilizar ao intecmar.

Manuel Baldomir falou tamén da problemática do furtivismo que está esquilmando os bancos marisqueiros.

 

Finalmente tomou a palabra o presidente dos mariscadores de a flote quen demandou que a Xunte se deixe de intoxicar mediáticamente e se dedique a limpiar a ría, si é necesario ata cos cartos dos mariscadores.

 

Marcos Sande denunciou que os mariscadores traballaban en precaridade cando desenvolvian as labores de limpeza da ría, “non chegaban nin os contenedores”. Asemade arremeteu contra as informacións verquidas pola Xunta sobre os ingresos dos mariscadores, xa que logo, os ingresos que percibían os mariscadores debido ao convenio asinado era inferior ao que obtían do marisqueo polo que eles son os primeiros en voltar a mariscar, sempre e cando se dean as condicions apropiadas, ademais Sande indicou que a Xunta está a manter as subvencións noutras confrarías calificadas como zona B, mentras que iso non sucede na confraria da Coruña.

Relacionados