rfaa alta 14 outubro 2010 copiar.gif - 18.75 Kb

Vallas na rúa Alta

 

Esta petición, ten a súa base:

1º.- no perigo que implica ter un valla “provisional” convertida en permanente pola pouca visibilidade existente nese tramo da rúa, xa que acto seguido nos atopamos unha curva con estreitamento  da calzada.

2.- A valla non esta indicada nas súas proximidades, simplemente te atopas con ela, e non conta con sinalización lumínica para a noite.

3.- o perigo que supón para as persoas, sobre todo nestes días de visita ós cemiterios (é unha vía utilizada habitualmente para ir ó cemiterio de Mugardos) dado que é un vial que carece de beirarrúas.

4.- No informe da técnica municipal de 5 de maio se indica textualmente: “Pode entenderse, salvo mellor criterio, que a zona de cesión está en uso e non procede a esixencia de novas reparacións a maiores das xa realizadas con posterioridade á Acta de recepción parcial de data 25 de xaneiro de 2010”.

Polo tanto, reclamamos do goberno municipal que axilice a recepción da urbanización para que á maior brevidade posible a valla “provisional” poida ser retirada, evitando dunha vez por todas o perigo que supón.

Igualmente, reclamamos que inicie os contactos coa empresa promotora para que, de non producirse  a recepción da urbanización antes do fin de semana marcado como Día de Difuntos e Todolos Santos, a valla sexa retirada de forma “provisonal” eses días para que as persoas que van visitar o cemiterio o fagan cunha mínima seguridade vial ó longo da rúa Alta.

 

Relacionados