Sari Alabau reclamou esta mañá, no seo da Comisión, unha acción concertada das concellerías de seguridade e benestar en orde a restaurar a necesaria convivencia e a recuperación dun axeitado clima, que propicie e non obstaculice a vida social nestas rúas.
Non cabe agochar a cabeza para outro lado e urxe reverter a degradación da convivencia. O Goberno Municipal ten a competencia e, xa que logo, a clara responsabilidade de acadar unha solución que preserve o benestar da veciñanza.
Tamén en referencia a situación da rúa Cedeira, Sari Alabau denunciou e urxiu ao Goberno a que esixa da empresa que vén de obrar na rúa nestes meses atrás, a que restaure o estado previo da mesma. Non pode ser que a caseta de obra reste indefinidamente alí, rematada xa a obra; ou que os bancos que estaban fixos ao solo e que para o desenvolvemento da obra foron movidos, resten agora sen suxeición para que calquera persoa os poda mover ou levar.
Xa o temos denunciado en máis ocasións. Nas obras que se realizan no concello hai que facer un seguimento exhaustivo até garantir que restan axeitadamente rematadas. A laboura deste Goberno neste eido deixa moito que desexar.