🎥 Solla critica a falta de control por parte do Goberno galego das axudas públicas do Igape

Esta mañá a deputada do Grupo Común da Esquerda e coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, preguntou á Xunta de Galicia na Comisión de Emprego e Sanidade polo control que fixo o IGAPE dos cartos públicos. “Emesa recibiu máis de 4 millóns en axudas por parte do IGAPE e tiña uns 400 traballadores. Agora está en concurso de acredores e os traballadores levan meses sen cobrar. Cal foi o control que fixo o Goberno destas axudas?”, inquiriu. 

Emesa é unha empresa situada na Coruña, no municipio de Coirós, dedicada ás construcións metálicas e con máis de 60 anos de historia e coa participación en obras emblemáticas como a Ponte de Rande e a súa ampliación, a T4 de Barajas, a intermodal de Lieja (Bélxica), ademais de ter sido fundamental para o despegue industrial da provincia da Coruña con construcións para Meirama, As Pontes, A Refinería…. É unha empresa que conta cunha alta especialización das traballadoras e traballadores que e chegou a ter máis de 300 postos de traballo.

Con estes antecedentes, Eva Solla preguntou ao Goberno “cal foi o control que fixo destas axudas públicas recibidas do IGAPE (de ata 4 millóns de euros) e se pensan facer algo para evitar a perda de postos de traballo”. Esta perda de postos de traballo se vén producindo dende que o Grupo Isolux vendeu a empresa ao Grupo Soil, actual propietario, que prometeu no seu momento dar ocupación a máis de 200 persoas. “Actualmente a empresa conta con 90 profesionais que levan xa catro nóminas sen cobrar e están en concurso de acredores”, lembrou a deputada.

Solla tacha esta xestión de neglixente e lamenta que esta situación “afonda no desemprego que sofre Galicia, principalmente nun sector que se atopa en desmantelamento absoluto como é o caso da industria, coa consecuente sangría de postos de traballo. Ante esta situación, a Xunta debería actuar a fin de evitar un peche que supón un problema a nivel laboral e social para toda unha comarca”.

Esquerda Unida reuniuse fai un mes co persoal de Emesa, traballadoras e traballadores altamente cualificados que recalcaban que “non quería emigrar a Alemaña e que queren traballar en Galicia”, polo que instamos á Xunta a buscar solucións para frear o desmantelamento do sector industrial galego.

Ver a súa intervención:

Relacionados