Substitución cubertas en Recemil

 

Este proceso de substitución terá logo da súa progresiva realización unha repercusión positiva sobre as arcas municipais o eliminar unha fonte constante de obras e reparacións, asemade de supor unha mellora certa na habitabilidade das vivendas. Esta é unha actuación pendente e necesaria para a veciñanza do barrio.

 

Esquerda Unida defende tamén que se proceda con celeridade a acometer o cambio das conducións de chumbo que aínda restan na praza de Sevilla, conducións que teñen un material xa caduco e que somentes achega riscos para a saúde, o chumbo. Esta é unha iniciativa que resta pendente de se realizar por parte dun concello comprometido coa saúde pública da súa veciñanza.

 

A terceira cuestión que a formación de esquerdas e ecoloxista sosterá nas comisións vindeiras é a substitución dos beirís (aleros) situados na propia praza de Sevilla e que restan sen cambiar dende a actuación do mandato anterior.

 

O Grupo Municipal  avoga por realizar estas accións ambiciosas no eido do mantemento con vistas a garantir as condicións de habitabilidade e confort que demanda a veciñanza  e para evitar a pendente de degradación material do barrio na que quizabes o actual Goberno Municipal ten como axenda oculta para o barrio.

Relacionados