Terraplén sen seguirdade no Birloque

 

Logo da exitosa Asemblea de barrio desenvolvida fai uns días, o noso grupo municipal puido constatar as grandes necesidades en canto a dotacións, equipamento e infraestruturas básicas que necesita o Barrio. Na devandita Asemblea a veciñanza decidiu democraticamente que elevásemos ao Pleno 13 iniciativas na procura de mellorar a situación dos barrios de Birloque, 2ª Fase de Elviña, Someso, As Rañas, Martinete, Lonzas ou Santo Cristovo Das Viñas, unha delas a estamos a presentar hoxe.

 

Esquerda Unida denuncia que no Birloque os terrapléns carecen dos máis elementais elementos de seguridade, como exemplo achegamos a fotografía dun terraplén de máis de oito metros de altura e moita pendente que está situado nas proximidades do local social e dunha zona moi utilizada polos rapaces para xogar carece de valado constituíndo un perigo tanto para os nenos como para os usuarios do centro, principalmente maiores.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes proporá ao Goberno municipal no vindeiro Pleno do Concello que acondicione o espazo para dotalo de seguridade e incorporar zona de xogos infantís, ximnasio ao aire libre e bancos. Solución que podería pasar por incorporar un valado e ben escavar ou encher o terraplén para gañar o espacio e construír unha rampla para persoas con pouca mobilidade, algo do que carece a zona e obriga a este colectivo a dar un grande rodeo para poder acceder ás instalacións situadas ao pe do terraplén. De esta maneira converteríamos o actual problema de seguridade e mobilidade, nun beneficio para veciñanza con un mínimo investimento.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “este é un claro exemplo da situación de esquecemento na que vive a veciñanza do Birloque e arredores, algo que puidemos constatar na asemblea de barrio desenvolvida fai uns días, os veciños e veciñas poden estar tranquilos porque cumpriremos coa nosa palabra, así presentaremos e defenderemos no Pleno todas as súas demandas.

Relacionados