Ante a supresión no noitebús

 A necesidade dun transporte nocturno público e de calidade faise especialmente notable na mocidade galega: Durante estes anos, o programa de NoiteBús proporcionou a moitas mozas e mozos galegos unha mobilidade nocturna que, ate polo entón, reducíase nos casos máis afortunados a un transporte individual masivo debido á dispersión da nosa poboación ó longo do territorio, e do que eran consecuencia cada ano varias decenas de vítimas mortais. A posta en marcha do NoiteBús permitiu durante iste tempo que, cada ano, ate 400.000 mozas e mozos de toda Galiza puideran desprazarse de noite ás vilas e cidades máis cercanas sen pór en perigo a súa vida, posibilitando á vez  este servizo á xente nova do rural e da periferia á que ate entón lle estaba vedado por motivos económicos ou persoais.

Se ben esta realidade aínda evidencia un maior desenvolvemento da iniciativa (novas liñas, mellor cobertura, máis horarios, etc.), o goberno de Núñez Feijoo prefire en cambio obcecarse nun discurso demagóxico co asunto e irrespetuoso ca mocidade galega ao calificar ao NoiteBús de “pagamento con cartos públicos do transporte de menores para que fagan botellón”, cando hai tan só uns meses aplaudía e mesmo solicitaba un aumento do servizo do mesmo. Retórica, en definitiva, falsamente moralizante para acabar xustificándose no de sempre: A privatización sistemática dos servizos públicos mentres fai oídos xordos á máis inocente das peticións cidadás de turno. Semella, pola contra, que para algúns sempre hai cartos…

Dende Esquerda Unida denunciamos a actitude hipócrita e reaccionaria do goberno do PP respecto dun servizo público de provada necesidade baixo a demagoxia da “redución de gastos” e un discurso que criminaliza ás mozas e mozos galegos e ao que se lle dá continuación con medidas coercitivas coma a do recente anteproxecto de lei do alcohol. Esiximos ao goberno da Xunta a marcha atrás inmediata da súa proposta e o mantemento e mellora do Programa de transporte nocturno a lugares de lecer coñecido como NoiteBús baixo xestión e explotación públicas; así coma debemos lamentar públicamente tamén o uso político que se está a dar do tema dende outras organizacións, que semella estar máis pola labor do auto-bombo ca pola de dar unha verdadeira resposta popular ante o atropelo de dereitos.

 

Por un transporte público de calidade!

Non á privatización dos nosos dereitos!

Relacionados