Unha lingua para a unión

2 A lingua das clases populares é o galego, pero é lingua de todas e todos. Mesmo de quen, sen falala, a le e a escoita. Todas e todos somos usuarios da lingua.

3 Vivir a vida usando a propia lingua é un dereito fundamental que as administracións públicas deben garantir. Europa debe comprometerse coa normalización das linguas minorizadas en xeral e do galego en particular.

4 O galego ten que ser lingua oficial da UE. Galegos e galegas debemos ter os mesmos dereitos que calquera outra comunidade. Non seremos cidadanía de segunda clase. Nun mesmo espazo político non pode haber cidadás e cidadáns con diferentes dereitos.

5 A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias debe dar lugar a unha Carta de Dereitos Lingüísticos que consagre a igualdade real de dereitos e sexa de obrigado cumprimento.

6 Lingua, territorio e falantes como suxeitos de dereito. Traballaremos para que as comunidades galegas do exterior exerzan os seus dereitos lingüísticos en plenitude.

7 O dereito a recibir a totalidade dos ciclos do ensino na propia lingua debe ser garantido pola Unión Europea e os seus Estados membros.

8 En defensa da especifi cidade cultural e lingüística, unha política audaz de Europa:

a) apoio á creación (literaria, audiovisual, teatral, artística, etc.);

b) apoio á interculturalidade (tradución a dobraxe de e ao galego, etc.);

c) apoio á recepción e distribución da produción en lingua galega.

9 Uns medios de comunicación públicos como espazo de normalización lingüística e expresión cultural non sometido ás leis do mercado nin á competencia.

10 Perseguimos a utopía. A política normalizadora partirá dun principio fundamental establecido na propia Carta das Linguas Rexionais ou Minoritarias:

“A adopción de medidas especiais en favor das linguas rexionais ou minoritarias coa

fi nalidade de promover a igualdade entre os falantes destas linguas e o resto da poboación

ou que tomen ou teñan en conta as súas condicións específi cas non se consideran como un

acto de discriminación contra os falantes de linguas de uso máis estendido.”

Galiza, 16 de maio de 2014

Na véspera do Día das Letras

Relacionados