Valoración composición goberno

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda lamenta a composición do goberno anunciada polo presidente da Xunta de Galicia ainda que “era o esperable despois do lamentable discurso de investidura do señor Feijoo”. Un goberno que continúa coas políticas erróneas da anterior lexislatura en contra da maoiría social do noso país e polas que o propio voceiro do Grupo Parlamentario, Xosé Manuel Beiras, acuñou o nome de ‘brigada de demolición, limpeza étnica e ecocídio’ para o equipo de goberno do señor Feijoo e que lamentablemente continuará catro anos máis sangrando o noso país.

A vicevoceira do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, pola súa banda sinalou que con este goberno “da continuidade” se seguirá atacando á sanidade, a educación pública, a cultura ou a lingua de Galiza como fixo o Partido Popular durante os últimos catro anos con políticas antisociais que “os únicos aos que beneficia e aos de arriba e atacan á cidadanía do común”.

“Non é certo que as súas políticas sexan austeridade”, asegura Yolanda Díaz, “son políticas de recortes que sólo favorecen aos de arriba” e frente ás cales “hai alternativas tributariasey fiscais que Feijóo se nega a aplicar”.

Relacionados