Valoración manifestación

 

 

Unha mobilización das grandes que se recordan en Vigo coloca ó PP contra as cordas e manda un aviso ó tripartito (PSOE, BNG e PP) de cómo poden ser tratadas a partires de agora as súas politicas privatizadoras.

A clase obreira, neste caso de Vigo e sur da provincia de Pontevedra, marca o camiño para a saída democrática da crise. Todo o contrario das receitas  neoliberais que teñen no PP o mascarón de proa e que son seguidas de xeito tramposo polo PSOE e BNG.

Valoramos moi positivamente e felicitamos ó conxunto do persoal sanitario e ós sindicatos de clase, CCOO, CIG e UGT polo esforzo mobilizador e polo éxito da convocatoria.

Dende a organización comarcal de EU fíxose un grande esforzo económico e de militancia para distribuir moitos miles de octavillas apoiando esta manifestación convocada pola Plataforma pola Sanidade Pública e situando na lei 15/1997, do 25 de abril, aprobada polo goberno de Aznar e votada favorablemente polo PSOE, a orixe do problema privatizador que sufrimos.

Reiteramos a nosa denuncia  do cinismo do PSOE e BNG, que privatizan todo e que poden nos concellos onde gobernan,  que privatizaron múltiples servcios mentras gobernaron na Xunta e que apúntase ó carácter público desete novo hospital, agora que están na oposición.

Relacionados