Con carácter previo deben destacarse dúas cuestión da proposta presentada polo
Goberno local, a mesma non contén toda a documentación necesaria para
realizar correctamente no aspecto técnico unha alternativa, esto demostra a falta
de interese do Goberno local por negociar coa oposición, un goberno que
xestiona ben, non pode en maioría absoluta, presentar un orzamento catro
meses despois do legalmente establecido e sen a documentación obrigatoria para
estes casos, liquidacións, informes de intervención etc.
En todo caso o presuposto presentado polo goberno local é inaceptable por falso
o único dato de execución que presentan, demostra un desvío entre o orzamento
inicial de 2021 e o final de 13 millóns de euros, un tercio do orzamentado
inicialmente o que demostra a incorrección contable dun orzamento que non se
asemella minimamente ao executado. Debe explicar o gobernó como presenta
un orzamento en 202 de 31 millóns de euros para acabar con un de 45 millóns de
euros.
Tendo en conta esta realidade non é creible que se presente un orzamento
conxelado sobre o inicial do 2021, faltan moitos millóns de euros no orzamento,
esto esta feito coa mala fe, de un orzamento oculto, que permita ir utilizando de
forma publicista e electoralista os investimentos que non están no orzmaneto
pero aparecerán ao longo do ano, evitando así un debate serio do orzamento de
2022. É un orzamento falso e incapaz de atender as necesidades fundamentais de
Vilagarcía.
VeC presenta unha alternativa que sustenta novas propostas de orzamento por
un valor de 4.350.715€, que saen dunha reducción de partidas presentadas polo
gobeno local de 350.715€ e un incremento de 4.000.000 baseado nun correcto
cálculo dos ingresos que percibirá o concello, cálculo que sae de estimar un
orzamento de ingresos similar aos importes recoñecidos en 2021 que foi de case
35 millóns de euros fronte aos 31 millóns iniciais. É polo tanto unha proposta
prudente e axustada a realiade do concello e as súas contas.
Documentos para descargar:
Alternativa orzamento muncipal 2020 VEC