ferrol.gif - 5.79 Kb

Xardín da ranita

 

A relevancia que ten para Ferrol esta zona da cidade e en particular a praza da ranita é o que leva ao noso Grupo Municipal a reclamar da Confederación Hidrográfico  do Norte, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, que reconsidere o emprazamento e traballe para atopar outro espazo que non sexa ese. A nosa organización aposta por  atopar outro emprazamento  que salvagarde a praza da ranita e garanta o actual mantemento dun ámbito de lecer no que non hai unha soa persoa que viva en Ferrol que non o teña disfrutado.

 

A porta turística que representa Ferrol Vello para a nosa cidade no seu porto esixe que dende o Ministerio se reconsidere esta actuación para buscarlle outro lugar. O noso Grupo Municipal reclama do novo Goberno Municipal que faga as xestións oportunas diante das autoridades competentes para que cambien o actual criterio.

 

Esquerda Unida apoia e vai participar nas mobilizacións cidadás de protesta que terán lugar este venres, na propia praza e que non deixan de expresar  o errado da actual proposta de actuación.

Relacionados