Constitución da Área da Mocidade

 

Esquerda unida crea a Área Comarcal da Mocidade para outorgar a xuventude coruñesa un espazo de debate aberto e plural que permita canalizar as súas ideas, suxestións e achegas.

 

A Asemblea comezou cunha intervención explicativa do concepto de Área dentro de Esquerda Unida como xuntanzas abertas a cidadanía na liña do noso programa de fomento da democracia participativa. Tras a explicación comezou o debate sobre os problemas da mocidade na comarca e a liña de actuación ante os mesmos. O análise da situación da mocidade na comarca perante a crise e os ataques que está a sufrir o sistema educativo público centraron gran parte do debate. A preocupación pola suba das taxas universitarias e a eliminación de clases nos institutos fixo que se acordara comezar unha campaña reivindicando a educación como servizo fundamental para a cidadanía de carácter pública e universal gratuíto.

 

Por outra banda, as altas taxas de paro xuvenil e a preocupación pola falta de democracia nas institucións públicas tamén foron tema de debate.

 

A Asemblea constitutiva da Área da Mocidade, logo dunha longa e produtiva xuntanza, desenvolveu nove eixos de traballo e elixiu por unanimidade a Jorge Crego como responsábel, quen declarou A situación actual da mocidade tanto en A Coruña coma no resto do estado español esixe da participación activa da xuventude na política para acadar solucións de esquerdas, por iso dende agora imos traballar e adicar todos os nosos esforzos para que a voz da xuventude sexa escoitada en toda a comarca de A Coruña”.

 

O Coordinador comarcal de EU e concelleiro na Coruña, César Santiso, declarou “a creación da Área da Mocidade, supón unha formidábel ferramenta de reivindicación, loita e participación para a xuventude coruñesa. Apoiaremos e daremos voz no concello as súas reivindicacións”.

Relacionados