compostela.gif - 5.83 Kb

Xestión comedores escolares

 

Como xa expresara con anterioridade, o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela ratifícase en que a xestión dos comedores escolares non pode repousar nas ANPAS, sendo as administracións públicas pertinentes as que se deben ocupar de prestar este necesario servizo, que cumpre unha importante función social e a súa provisión non pode ser desigual en base a criterios economicistas ou en base á ratio de alumnos e alumnas do centro educativo.

 

Por todo isto EU Compostela comparte as reivindicacións da Federación de Asociacións de nais e pais de centros públicos de Santiago e esixe ó próximo equipo de goberno da cidade, probablemente do mesmo partido que rexe na Xunta de Galicia, que leve a cabo as medidas necesarias para atallar esta situación, evitando que se volvan dar problemáticas como a dimisión da ANPA de Pío XII, acontecida no mes de abril.

Relacionados