Xuntanza coa asociación veciñal de Serantes

 

O Grupo Municipal de   Esquerda Unida  continúa a súa xeira de xuntanzas  coas entidades veciñais  coa reunión que vai manter , maña, martes, 14 de decembro de 2010, ás 16.30 horas, no local da Asociación Veciñal de Serantes.

 

Esquerda Unida  manterá este vindeiro encontro cunha asociación que reside nun espazo da cidade, Serantes, que fai de engarce entre o urbano e o rural da nosa urbe e que posúe, xa que logo, características específicas moi marcadas.

 

O Grupo Municipal exporá a nosa proposta orzamentaria alternativa coa intención de explicar á directiva veciñal a enfase nos contidos  transformadores que posúe o noso documento no eido participativo, social e sustentable fronte a un documento de trámite,  privatizador e sen obxectivos, presentado polo Goberno.

 

Esquerda Unida quere asemade recuperar as necesidades e iniciativas que dende a veciñanza de Serantes se contemplan como prioritarias para desta maneira tentar incorporalas a nosa proposta orzamentaria.

Relacionados