Estratexia privatizadora

 

 

Con todo, a oferta de emprego público municipal de 2010 redúcese un terzo. Así, das 66 prazas ofertadas no pasado exercicio pasamos as 45 actuais das que so son de acceso libre 24, pois 21 son de promoción interna, e dicir que o concello tan so xera 24 novos empregos pois a de promoción interna son para mellorar a súa carreira profesional dos empregados públicos.

 

O Concello achaca esta reducción de emprego público a razóns de axustes orzamentais, argumentación falaz que Esquerda unida rexeita, pois considera que a redución da oferta de emprego público responde a perversa estratexia privatizadora que está a desenvolver o Goberno municipal. A redución de investimento en persoal supón unha redución na calidade dos servizos desenvolvidos. Así diante das queixas da cidadanía o concello argumenta a necesidade de externalizar o servizo para mellorar as súas prestacións. Logo a realidade demostra que os custes de externalización duplican ou triplican os relativos a unha xestión pública directa desenvolvida de maneira eficaz.

 

O Consello Comarcal de EU Coruña denuncia que a constante externalización supón un enorme sobrecusto para o concello que impide que a cidadanía coruñesa goce de máis e mellores servizos.

 

Para o coordinador comarcal de EU, César santiso, resulta esperpéntico a escasa oferta de emprego público dun concello que ten un coñecido déficit en servicios cruciais como bombeiros e policía municipal, máis si cabe cando esta non foi negociada coa representación sindical como denuncia os representantes dos traballdores.

 

César Santiso considera que “o goberno local está a demostrar a súa incapacidade de dotar ao concello dunha xestión eficaz que posibilite dispoñer de servizos públicos eficientes”.

Relacionados