Xuntanza de EU coa AAVV Los Rosales

 

 

Con esta xuntanza EU prosigue coas reunións co tecido asociativo veciñal coruñés dentro da campaña que o Consello Comarcal de EU leva meses desenvolvendo para avanzares cara democracia participativa e acercar a política á cidadanía, mediante a demostración palpábel de que outra política é posíbel. 

 

A xuntanza mantida coa AAVV Los Rosales tiña como obxectivo prioritario recibir de primeira man as inquietudes da veciñanza, ao tempo de amosar as liñas básicas das principais propostas de Esquerda Unida como a participación cidadá a través dos orzamentos participativos, o Plan Integral de Mobilidade Universal Sostible (PIMUS) ou o paquete de medidas para a reactivación económica e cambio de modelo produtivo local a través da creación do Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME), a creación dunha Empresa Municipal para Asegurar a Soberanía Alimentaria Coruñesa (EMASAC) e o Plan para a Reactivación da Vida nos Barrios.

 

Durante a xuntanza o Presidente da AAVV Los Rosales achegou a Esquerda Unida un documento onde se expoñían os principais problemas do barrio, reflectidos nas alegacións aos orzamentos municipais do 2011 que rexeitou o Goberno coruñés. Asemade denunciou trato desigual entre barrios, algo que EU xa ten denunciado, e a permisividade do concello co incumprimento das ordenanzas municipais en canto a mobilidade que impide o acceso aos discapacitados a distintas partes do barrio. Tamén reclamou maior capacidade de decisión para a veciñanza e que se equiparen as dotacións existentes para todas as Asociacións de Veciños, polo que saudou a proposta de EU en canto a participación cidadá e orzamentos participativos.

 

 O Coordinador Comarcal de EU, valorou moi positivamente a xuntanza, na que se constato unha grande coincidencia no análise dos problemas do barrio e o acerto das propostas achegadas dende EU. César Santiso agradeceu as achegas recibidas dende a AAVV Los Rosales e felicitou ao seu presidente polo grande traballo que están a desenvolver a prol o barrio, emprazándoo para unha próxima reunión na que se debatan en profundidade as propostas presentadas por EU así como as novas suxestións da cidadanía do barrio.

 

Que opina a AAVV Los Rosles

Relacionados