Xuntanza Dir. Patrimonio Cultural

 

A data que se baralla para o encontro é a do xoves, ás 13:00 horas. Este Grupo Municipal está a tentar adiantar esta data, dada a urxencia que reviste o caso a causa das presas coas que a empresa privada está a demoler o patrimonio arquitectónico e histórico que supón para Ferrol  a Fábrica de Lápis.

 

A nosa organización fai un chamado á Xunta, ao Goberno Municipal e a propietaria do inmoble instando a que se suspendan as obras de demolición cando menos ate a realización desa reunión, na procura de non producir máis danos irreparables nunha construción de indubidable valor histórico. Xogámonos máis que un mero interese privado, estamos diante do interese xeral e da xustiza.

 

Yolanda Díaz encabezará a delegación de Esquerda Unida que sosterá os argumentos e sentir cidadá a prol de salvagardar un anaco de patrimonio e historia de Ferrol diante do responsable de patrimonio Cultural da Xunta, José Manuel Rey Pichel.

 

Relacionados