Non o peche do IES Paseo dos Pontes

 

A Xuntanza serviu para analizar a inxustiza que a Xunta de Galicia está a cometer co alumnado do IES Paseo das Pontes e as súas familias. Inxustiza que a Consellería de Educación comete noutros seis centros galegos, debido a unha inxustificada urxencia para converter IES en centros integrados de FP.

 

Así, a Consellería de Educación reitera as eivas comunicativas cometidas con anterioridade, omitindo a súa responsabilidade de informar en tempo e forma a comunidade educativa, o que de facto supón unha vulneración do dereitos do alumnado de cara a elixir centro educativo para o vindeiro ano, posto que o prazo de inscrición xa rematou e a Xunta do PP so presenta como alternativa o IES Salvador de Madariaga (Masculino) e o IES Rafael Dieste (Agra Dos) argumentando que se atopan a 400 m. do IES Paseo das Pontes, cando a realidade e que a consellería está a xogar co futuro dos alumnos, principalmente os rapaces con dificultades que están en grupos de diversificación cun programa adaptado e os de bacharelato aos que se lles cercena a súa vía curricular quedando a expensas da oferta formativa de soamente dous centros.

 

Xa que logo, Esquerda Unida solicita á Xunta de Galicia que reconsidere a súa posición en relación co peche do instituto e que desenvolva unha transición non traumática cara ao centro integrado de FP, toda vez que se constata a posibilidade de facer a reconversión de maneira paulatina permitindo finalizar os estudios no centro aos alumnos que na actualidade os están a cursar, como o demostra o feito que o peche do IES supón o cambio de centro de 250 alumnos mentres que a oferta formativa en FP tan so aumenta en 44 prazas para o próximo curso. Así pois, os datos pon de manifesto que é posíbel facer unha reconversión paulatina e non traumática, so é necesario vontade política.

 

O concelleiro de EU-V, César Santiso, declarou “a Xunta do PP está a atacar ao ensino público, a xogar co futuro dos alumnos e a conciliación da vida familiar. A urxencia da Xunta contradise coa realidade dos datos referentes ao número de prazas, con todo a presencia de catro centros concertados nas inmediacións parecen indicar que a Xunta está a fomentar o transborde de alumnado de centros públicos a concertados”.

 

O que din os medios: La Voz de Galicia, La Opinión, El Ideal Gallego

Relacionados