A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, interveu onte no Pleno do Congreso, no marco do debate sobre Ciberseguridade, para defender as propostas que potencien a soberanía tecnolóxica fronte a subordinación que impón o PP á tecnoloxía estranxeira. “Cómpre establecer a obrigación do almacenamento local dos datos en sectores clave da Administración Pública, Sanidade, Defensa e Infraestruturas críticas”, sinalou a deputada.
Díaz denunciou que resulta chocante que o partido do Goberno achegue este tipo de iniciativas a pleno “despois de rexeitar todas as emendas presentadas por En Marea relativas a concretar o desenvolvemento de medidas neste eido, centradas na necesidade da sobernía tecnolóxica como factor clave para a ciberseguridade”. A deputada de En Marea destacou que o primordial é “ter soberanía tecnolóxica, ao igual que sucede en países como Francia ou Alemania, promovendo, como un sector clave da economía, a investigación científica e técnica en áreas como a criptografía e en xeral as relacionadas coa Ciberseguridade”.
Por último, Yolanda Díaz instou ao Goberno a presentar as reformas legais necesarias para establecer a obligación de almacenar en territorio español, os datos e aplicación informáticas que os procesan en Defensa, Sanidade, Infraestructuras críticas e aqueles servizos e procesos da administración pública consideradas esenciais.