A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, formula unha serie de preguntas a Marisa Soleto, Directora da Fundación Mulleres, que comparece na Comisión do Pacto de Toledo para falar da fenda de xénero nas pensións. Nas súas preguntas, Díaz destaca a importancia de contar cunhas pensións dignas e suficientes, revalorizadas ao IPC e protexidas constitucionalmente.
“As últimas reformas de pensións endureceron as condicións de acceso. É evidente, segundo numerosos informes, que o impacto é moi forte en materia de xénero ao alongar a idade de xubilación ou ampliar o periodo de carencia ata os 25 anos. Debemos derogar estas reformas que provocan efectos nocivos para as mulleres”, apunta Díaz. “Hai unha fenda real, pero hai una fenda invisible que é a imposibilidade de acceder, por parte das mulleres, ás prestacións. Moitas mulleres traballaron e moitas non devengan os 15 anos para poder acceder a unha pensión”, sinalou a deputada.
Non perdas a intervención, en: