EU propón gravar as vivendas baleiras

A situación lonxe de mellorar tende a complicarse cada vez máis como o amosa o feito que nos dous últimos anos os deshaucios por impago de aluguer aumentaron un 47%, de 332 familias no 2008 a 371 no 2009, 489 no 2010 e, segundo o Servizo Común de Notificacións e Embargos da Coruña, no 2011 prevese que siga aumentando.

 O consello comarcal de EU considera paragóxico que mentres nos tres últimos años 1192 familias perderon as súas vivendas de aluguer debido a súa incapacidade económica A Coruña sexa unha das cidades co prezo da vivenda máis elevado e maior parque de vivendas valeiras. Poren o Goberno local é incapaz de desenvolver políticas activas para promover a ocupación das vivendas valeiras.

Xa que logo, Esquerda Unida para reactivar o mercado de vivendas, propón que se recargue até o 50% a cota líquida do Imposto de Bens e Inmobles (IBI) para as vivendas baleiras, aproveitando a posibilidade que neste sentido recolle a Lei de Facendas Locais dende xaneiro de 2003.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que gravar as vivendas baleiras encádrase dentro dun paquete de medidas encamiñadas a facilitar que na Coruña se faga real o dereito constitucional de acceso a unha vivenda digna, que está a desenvolver Esquerda Unida.

 

César Santiso enumerou outras medidas como dotar de maior contido a Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) para abordar de maneira activa a creación de políticas públicas de contido social favorables a facilitar o acceso á vivenda pública en aluguer, ou penalizar aos propietarios de solares urbanos consolidados que non cumpran co deber de edificar e rebaixar o límite do valor catastral para poderen ser gravados até co dobre da cota do IBI.

Relacionados