Apoio ás mobilización de Emerxencias

 

Esquerda Unida rexeita a política privatizadora e desregularizadora que a Xunta de Galicia, gobernada polo PP, está levando a cabo cos servizos de emerxencias. Ao tempo que reclama coherencia e cumprimento das promesas electorais a PSOE e BNG, xa que logo, a dita privatización estase a levar a cabo coa complicidade das Deputacións Provincias, nas que en dos delas goberna o bipartito. A nosa organización lembra a cidadanía que ambas organizacións incorporaban nos seus programas electorais a defensa dos servizos de emerxencias públicos.

 

EU, organización que sempre se caracterizou pola defensa do público, expresa a súa coincidencia cas organizacións sindicais na defensa duns servizos de emerxencias públicos, profesionais, regulados e suficientes.

 

Para Esquerda Unida semella inconcibible que os servizos encargados da seguridade dos cidadáns e cidadás, respondan máis a criterios de beneficio empresarial que a salvagarda da cidadanía. Non debemos esquecer que camiñamos cara a servizos insuficientes baseados na precariedade tanto en medios materiais como humanos.

 

Esquerda Unida demanda servizos de emerxencia públicos, dotados de profesionais cualificados e regulados po Lei, como a única maneira de garantir a seguridade da cidadanía galega.

 

A nosa organización quere facer ver a cidadanía a incongruencia que supón aplicar as mesmas políticas económicas neoliberis que nos afundiron na crise que estamos a vivir. Esto é o que está acontecer co goberno da Xunta do PP, e dicir privatización, desregulación e constante redución do público e dos servizos a cidadanía.

 

EU afirma que o modelo de xestión de emerxencias que se está a implantar na Galiza non existe en ningunha outra comunidade do estado, posto que os seus gobernantes entenden que con a seguridade da xente non se pode facer negocio.

 

Esquerda Unida apoia as mobilizacións a prol da defensa dos servizos de emerxencias públicos, e chama a cidadanía a participares na manifestación convocada polos sindicatos CCOO, CIG e UGT na Praza da Palloza na Coruña o venres, 29 de xaneiro de 2010, as 11:30 h. que rematará diante da Deputación Provincial

Relacionados