Campaña “noso lixo,a súa corrupción”

Onte, a boa acollida tivo lugar no barrio de Monte Alto, onde unha vez máis puidemos axudar a resolver a curiosidade e as inquedanzas dos veciños e veciñas que se interesan acerca deste asunto, comprobando a escasa claridade que a veciñanza ten acerca da problemática da recollida e reciclaxe do lixo, que supón para a mesma pagar ao Concello por un servizo que non está a recibir.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera unha vergoña que o goberno local non estea colaborando na resolución dun conflito que prexudica a toda a poboación coruñesa. por que o concello non fai por arranxar o problema, priorizando ese interese ambiental e económico que afecta aos seu veciños/as? , Seica será que existen outra serie de intereses que van por diante que os da cidadanía?

Esquerda Unida afirma que o Concello pode rescindir o contrato de Albada por incumprimento sen custe para as arcas municipais porque o reiterado incumprimento da concesionaria en canto aos porcentaxes de reciclaxe é motivo fundamentado para a propia rescisión sen custe engadido.

O voceiro de EU-V, César Santiso indicou que “o goberno municipal segue a manipular a realidade e a utilizar a demagoxia como arma política ao afirmar que o Concello ten que pagar 50 millóns por rescatar a concesión obviando o constante incumprimento de Albada.

Relacionados