Demandas da veciñanza de Esteiro

 

Doutra banda, queremos abundar na necesidade de respectar os procedementos democráticos que demandan do Goberno escoitar e atender as necesidades das veciñanza. Un Goberno fará ou non caso do que demande a veciñanza, pero semella inaceptable dar as costas a veciñanza  e non se reunir con ela.

 

Esquerda Unida pediu na Comisión ao concelleiro de Urbanismo que se reúna coa asociación veciñal de Esteiro, petición que o responsable desa área aceptou. EU quere facer notar a falla de funcionamento das concellerías de barrio, que están lonxe de axilizar as temáticas e que semella están a formar colos de botella e duplicidades coas concellerías sectoriais.

 

Esquerda Unida demanda atención e resolución para enfrontar a estensa problemática de necesidades de Esteiro, barrio novo cunha importante poboación cuxas necesidades este Goberno semella eludir.

 

A Reurbanización da parte vella de Esteiro, as actuacións do Urban, a construción dun centro cívico, para o cal EU avogou por adquirir e rehabilitar o Forno Bellón, o estado das rúas e beirarrúas, etc., son algunhas das cuestións que restan pendentes de abordar e solucionar por parte do Goberno Municipal.

 

Gobernar é escoitar e atender, non somentes exercer unha maioría mecánica con miras estreitas e sectarias.

 

Relacionados