Forno Bellón

 

O noso Grupo  chama a atención diante do incumprimento do Goberno para cun dos importantes compromisos acadados no acordo dos orzamentos de 2009: a adquisición e rehabilitación do inmoble alcumado Forno Bellón; acordo onde Esquerda Unida introduciu esta proposta coñecedora do valor que supón este inmoble para que se lle dea un uso público para o barrio.

 

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo, subliña a idoneidade do espazo para adicalo  a centro social do barrio. O peso demográfico do barrio de Esteiro fan necesario e de xustiza que poida contar cun centro social nese inmoble.

 

O Grupo Municipal de Esquerda Unida reclámalle ao Goberno información  acerca das  xestións e trámites realizados nestes meses con vistas a facer realidade a compra e rehabilitación do inmoble.

 

Para a nosa organización semella un aspecto da meirande importancia dotar aos diferentes barrios das dotacións de equipamentos, que permitan desenvolver as actividades e iniciativas que fornezan as dinámicas sociais e de encontro. Conscientes da importancia que teñen estes equipamentos, esiximos do Goberno Municipal que cumpra o acordado e lle faga un ben á cidadanía que vive en Esteiro coa compra e rehabilitación do Forno Bellón.

Relacionados