Hortas urbanas

Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal prohibe as persoas desempregadas acceder ás hortas urbanas, efectivamente en lugar de priorizarlles o acceso xunto as persoas en risco de exclusión social tal e como propuxo EU-V, so permite traballar as hortas as persoas maiores de 65 anos, as xubiladas e as persoas que non podan traballar por atoparse en situación de invalidez.

Así pois, con este concepto errático de hortas urbanas se está a perder unha grande oportunidade de dar unha saída aos desempregados e desempregadas coruñesas, de favorecer a reactivación económica local promovendo unha activade primaria directamente relacionada co cambio do modelo produtivo. Porque en lugar da nosa proposta que daría acceso gratuíto ao cultivo das hortas, o PP aposta polo modelo pucelano, privatizador e elitista, de converter as hortas en unha actividade de lecer xeriatrica para os podentes pois o uso das hortas, en lugar de ser gratuíto, terá un custe de inscrición de 50 € e 25 € mensuais en concepto de aluguer, condicións que de facto impedirán participar a moitos coruñeses e coruñesas que non poden permitirse o luxo de facer o dito pagamento, porque o PP outra vez facendo gala da súa hipocrisía establece unha exención do pago do aluguer para aquelas persoas que teñan ingresos mensuais inferiores ao 75% IPREM, é dicir 399 €, o que significa que unha persoa que cobra o RISGA non se favorece da exención.

Apesares da disposición do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes a colaborar no deseño e desenvolvemento das hortas urbanas, amosada publicamente e en privado, o goberno local, obviou a nosa proposta que, ademais de ser aprobada por unanimidade no Pleno do Concello, era moito máis pragmática, económica e útil, na que a finalidade das hortas urbanas, ademais de axudar a economía familiar, era a de capacitar á cidadanía que a cultivasen para a actividade agrícola, de tal modo que coa súa formación permitiríalles constituírse en cooperativas agrarias de desempregados para explotar a enorme cantidade de terras baleiras e impordutivas que existen na bisbarra coruñesa e que o seu mantemento supón un enorme custo as arcas públicas. Permitindo a moitos desempregados acadar un modo de vida e reconverter a súa actividade, algo que sería extremadamente sinxelo cos desempregados do sector da construción, pois amabas actividades teñen bastantes puntos en común.

Finalmente, César Santiso, subliñou que “é incrible a ineptitude deste goberno municipal, non so amosase incapaz de deseñar proxectos senón que estraga os que lle presentan”. Así as hortas urbanas en lugar de ser un servizo a cidadanía, convértense nun custe, pois o Concello saca a concurso o acondicionamento dos terreos por importe de 171.849 €, unha cantidade totalmente desproporcionada para os 8309 m2. Cando coa nosa proposta serían as propias persoas que accedesen gratuitamente as parcelas quen con medios achegados polo Concello desenvolvesen esta labor, xa que semella necesario formarse no acondicionamento de parcelas para poder posteriormente desenvolver actividades agrícolas de tipo ecolóxico. En definitiva en lugar de desenvolver unha actividade social o PP a converte nun malgasto elitista. Peor imposible.

 

 

Relacionados