Obras de seguridade vial en San Xoán e Franza

 

Este “enterramento”, a pesares de poder contar con rexa para a evacuación das augas da choiva, semella que non vaí a ser suficiente para evitar as posibles inundacións das vivendas cando chova de forma constante, algo bastante habitual en Mugardos.

Tampouco parece solución a aportada a algún veciño por parte dos executores das obras, que non é nin máis nin menos que suxerir que corten a porta e a poñan ó nivel da rasante da beirarrúa.

Queremos recordar que esta obra se está a executar gracias á presión das/os veciñas/os, pero o que non é de recibo e que a execución da  mesma  vaía  a provocar problemas que ata o de agora os/as veciños/as non tiñan, como a posibilidade de inundación das súas vivendas ou o perigo que entraña para os viandantes estes “enterramentos” da beirarrúa.

O noso grupo municipal, plantexara esta cuestión na vindeira comisión de obras para que o Concello adopte unha posición sobre a execución que se esta a realizar, e que nós entendemos perxudicial para a poboación, e que debería provocar as xestións necesarias por parte do Concello antes de que as obras finalicen e despois teñamos que ir parcheando.

Relacionados