Plenos democráticos

A proposta do Goberno deixa case sen voz no tema das mocións aos partidos ao que supón privar tamén de voz as demandas veciñais que canalizamos ao noso través, asemade de reducir notablemente os tempos de intervención plenarios.

 

Esquerda Unida advertiu, no transcurso dunha comisión extraordinaria convocada hoxe para cohonestar este peche da democracia que propón o PP botando o peche dos padroados que albergan a participación de diversos  sectores cidadás, a súa aberta belixerancia respeito desas medidas que agreden de plano a participación cidadá e os dereitos democráticos da oposición.

 

“Os do PP non levan un ano e xa lles sóbra a oposición e a veciñanza que protesta na defensa dos seus dereitos, a democracia incomódalles”, salienta Javier Galán.  Falaban de gobernar cos 25 e xa están atrincheirados mandando con 13. Mentían entón e tentan agora con estas propostas evitar que os deixemos en evidencia diante da cidadanía.

 

Semella hipócrita e oportunista tentar coutar as iniciativas da oposición agora que ocupan o Goberno, cando no mandato pasado foron numerosos os Plenos que remataron alén das dúas da mañán e reiterados os Plenos onde o PP presentaba 3 e máis moción en cada un deles.

 

Semella inaceptable botar fóra dos padroados ás entidades cidadás que ata o de agora participaban neses organismos, que si necesitan algo é unha reforma para ampliar a participación social neles, non pechalos para facilitar o ordeno e mando do PP.

 

Esquerda Unida non aceptará unha imposición do Goberno nun tema tan sensible como a organización dos Plenos da Corporación, que é o espazo onde as mulleres e homes elixidos polo pobo expresan a representación democrática da nosa cidadanía. “O concello de Ferrol non é o consello de administración dunha empresa, que lles quede claro,” sinala Galán.

 

As modificacións do Regulamento Orgánico debese facer co acordo de todos os partidos políticos, non cunha maioría coxuntural. As voces da rúa, os problemas da veciñanza de Ferrol que este Goberno non sexa quen de arranxar van ter en nós os seus altofalantes, gústelle ou non ao PP.

Relacionados