Xuntanza FEAGA

 

Ambas organizacións, que coincidiron no análise da grave situación dos autónomos e o pequeno comercio na nosa cidade, non dubidaron en considerar o encontro moi fructífero.

 

A proliferación de grandes superficies, o peche do pequeno comercio, a falta de liquidez, ou o atraso no pagamento das facturas por parte da Administracións son algúns dos apuntamentos que explican a grave situación dos autónomos na nosa cidade.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes comprometeuse a loitar na defensa do colectivo de autónomos que está a sufrir con especial crueza a crise, logo de recibir un conxunto de medidas desenvolvidas dende a FEAGA. Medidas ás que Esquerda Unida comprometeuse a apoiar no Concello.

 

César Santiso, quen declarou que “autónomos, PEME e cooperativas constitúen o núcleo da economía produtiva, resultan fundamentais para a creación de emprego estábel e de calidade”, amosou diversas propostas coas que traballa o grupo municipal entre as que destaca o Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME).

 

O devandito SIAME, que recibiu moi boa acollida por parte do presidente da FEAGA, pretende cubrirán as necesidades básicas as que se enfrontan cooperativas, autónomos e PEME, mediante unha módica taxa que cubra custos de xestión permitirá acceder mediante o uso compartido a oficinas, comunicacións, loxística, servizos administrativos e asesoramento contábel, laboral e tributario, ao tempo que servirá de ferramenta efectiva para reducir a dependencia do petróleo na súa actividade favorecendo a creación de emprego estábel e de calidade.

 

Finalmente, Santiso e Pérez Bello coincidiron en que a maneira para saír da crise pasa pola reactivación económica local mediante o cambio do modelo produtivo cara a un máis susttentábel e menos dependente do petróleo, que permita as empresas coruñesas consumir menos recursos enerxéticos e, xa que logo, ser máis competitivas.

Relacionados