Dimisión tenentealcalde de cultura

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes espera que os culpables de actuacións tan repúgnates como o amaño de contratos, falsificación de facturas, diñeiro en negro… pasen moitos anos na cadea. Tráfico de influencias, fraude e manipulación en contratos públicos, falsidade documental ou suborno son os feitos delitivos que se imputan. Basta con escoitar as gravacións realizadas a Asesora da concellería de cutura: “El dinero de lo otro, ¿cuándo me los vas a traer? Tienes que traérmelo, que tengo que pagarlo (…) O sea, que tienes que darme el dinero negro… me tienes que pagar”, o que lle di entre risas. Días antes, noutra chlamada telefónica, a asesora pregunta ao xerente de Vendex cándo vai “poder pagar lo de los disfraces”, algo que se repite en sus contactos.

Esquerda Unida esixe a dimisión da tenente alcalde de cultura, área onde se produciron o maior grado de corrupción municipal. Contratación de persoal para festas e espectáculos do Agora, servizos complementarios do IMCE, disfraces da cabalgata de reis, o contrato do mantemento biolóxico do acuario ou o catering do Teresa Herrera. A súa propia asesora aseguraba que todo o que facía era por encargo da tenente alcalde, e que incluso facía o que non lle gustaba a tenente de alcalde como as xuntanzas coa veciñanza.

César Santiso indicou que “semella inconcibible como a tenente de alcalde ana fernández mantén o silencio cando ten imputado a todo o seu persoal de confianza: súa asesora, a directora de cultura, a directora do IMCE, o director do acuario, así como outras tres persoas da súa área. Incluso ela mesma está salpicada por presunta contratación irregular e enchufismo, o mesmo que acontece cos dous concelleiros dependentes da súa tenentealcaldía: educación e servizos sociais”.

A semana pasada a tenente de alcalde de cultura mantivo a calada por resposta diante da nosa esixencia de explicacións diante da rede clientelar de enchufismos que presuntamente lideraba, tal e como se desprende das gravacións do caso pokemon a súa asesora Dulce Anido “preguntoume a concelleira ¿quen che recomendou a F…?” ao que Tutor respóndelle “foi Miguel Lorenzo” ao que a asesora lle indica “pois a concelleira díxome que a partir de agora as recomendacións as fai ela”.

Relacionados