A Coruña. 3 millóns de empregos

 

Con todo, a coalición Esquerda Unida – Os Verdes está disposta a defender ás familias traballadoras diante dos especuladores financeiros e os poderosos, porque estamos plenamente convencidos que outra economía é posíbel, unha economía ao servizo das persoas e non o modelo contrario que están a defender tanto o PP como o PSOE aínda que os últimos de palabra digan outras cousas.

 

Esquerda Unida comprométese a crear tres millóns de postos de traballo durante a lexislatura a través dun plan de emprego cun custe estimado de 40.000 millóns de euros que fomente o cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo no que prime a produción de servizos a cidadanía sobre a produción de mercadorías. Por iso apóstase decididamente polo investimento en servizos sociais que ademais de mellorar a calidade de vida da cidadanía, xera o dobre de empregos que o mesmo investimento en infraestruturas defendido por PP e PSOE. Por outra banda fomentarase a chamada economía verde, tanto a nivel tecnolóxico coa potenciación das enerxías renovábeis como mediante o impulso do aforro enerxético e o I+D+I para incrementar a capacidade competitiva do noso tecido empresarial. Asemade apostamos polos empregos verdes derivados do coidado e posta en valor do noso medio natural como por exemplo o mantemento da superficie forestal ou a potenciación da gandería e agricultura ecolóxica..

 

A coalición Esquerda Unida – Os Verdes propón unha reforma fiscal xusta e progresiva que permita ao Estado reactivar a económica sen incrementar a débeda, na que paguen máis os que máis teñen, xunto coa loita contra o fraude fiscal e a economía mergullada que na actualidade supón entre un 20 e un 25% do PIB. Neste sentido apostamos por que as rendas do capital coticen, a lo menos, igual que as do traballo, por incorporar un imposto para as transacións de capital e outro para as grandes fortunas, incrementar o tramo impositivo no IRPF dos que máis cobran, incrementar o imposto de sociedades as grandes empresas con beneficios ou eliminar as vantaxes fiscais de Deputados e cargos públicos.

 

A candidata ao Congreso dos Deputados por A Coruña, Mariluz Canal, indicou que “podemos saír da crise dende a esquerda, so fai falta vontade política e nós a temos, as nosas propostas son reais e factíbeis”.

Relacionados