A dereita, cos dias contados

Coa idea dunha construción sólida da unidade popular, a Executiva Nacional de Esquerda Unida incidiu hoxe en Santiago en que “estas eleccións municipais demostraron que, alí onde as forzas políticas apostamos polo encontro político con outras forzas, pola unidade popular e de esquerda, co respaldo da xente de ben, tivemos uns bos resultados”.

Ferrol en Común, Marea Atlántica, Compostela Aberta ou Ourense en Común son exemplos de que a unidade popular é que demanda o pobo. E somos capaces de acabar co bipartidismo e ser una verdadeira Esquerda transformadora.

“É a hora de sumar vontades, levar unha mensaxe de esperanza e apostar por UN MOMENTO HISTÓRICO no que sumar multiplica”, sinalou a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz.

Imos gobernar para as persoas. Acabouse o tempo do goberno duns poucos. E ímolo a facer coa xente, que é a protagonista do cambio político do país. Nesa liña traballamos dende Esquerda Unida. E así  continuaremos a traballar: pola unidade popular.

Sairemos fortes dun gran desafío como organización e respondemos con esforzo e xenerosidade ao chamado social, construíndo entre todos e todas unidade popular para recuperar as institucións para a maioría, devolvendo así a ilusión e a dignidade ao pobo.

 

O vindeiro sábado 30 de maio, reúnese o Consello Político Nacional de EU, máximo órgano de dirección entre asembleas, onde se fará unha análise polo miúdo dos resultados electorais e do novo mapa político no país.

Relacionados