A falacia de Nostian

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta profundamente que se anuncien á opinión pública datos irreais en relación co reciclaxe de refugallos da planta de tratamento de Nostián. Pois a realidade indica que non se recicla o 56% como aseguraba o concelleiro de Medio Ambiente, senón o 46,7% como reflicte o informe de Medio Ambiente relativo ao tres primeiros meses de 2013 utilizado para xustificar a ampliación orzamentaria de 839.000 euros que se incorporou ao modificativo de crédito aprobado cos únicos votos do PP o xoves pasado.

Esquerda Unida considera que o goberno municipal engana a cidadanía con cifras irreais que logo os técnicos desmenten. A caso de Nostián é paradigmático, Cando o PP chegou ao goberno local, a planta padecía unha morea de deficiencias que o propio Partido Popular encargábase de anunciar para obter rédito político, agora dous anos despois, semella que todo está arranxado. O curioso é que arranxouse maxicamente pois o goberno municipal non fixo absolutamente nada para resolver as eivas da planta de tratamentos de residuos sólidos.

O escurantismo é absoluto, entrar en Nostián semella máis complicado que nunha cárcere de seguridade até para os concelleiros da oposición que tamén forman parte da coorporación, os informes técnicos e económicos, maila levar tempo rematados están pechados a cal e canto e foron denegados apesares de rexistrar formalmente a súa solicitude tanto polo BNG, como por EU.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “opacidade, falta de veracidade e política publicitaria é a praxe do goberno municipal do PP, con estas prácticas non é de estrañar o fastío da veciñanza”.

Relacionados