A mocidade berra FOLGA XERAL

 

O novo decreto empeora máis se cabe o contrato para a formación pois eleva ó límite de idade ós trinta anos co claro obxectivo de reducir as estatísticas do paro a costa de crear máis traballos lixo. 

 

Os contratos lixo seguen a ser  gran aposta da patronal e os seus representantes políticos (PPSOE) que condenan ó colectivo de xóvenes á infra-ocupación con salarios que non alcanzan para cubrir as necesidades mínimas de emancipación.  Por outra parte, para a xuventude que xa ten un emprego, as perspectivas de mantelo nunhas condicións mínimamente dignas tampouco son moi esperanzadoras, pois esta reforma permite ó empresario modificar ó seu antollo (sen necesidade de negociar coa representación sindical) as condicións laborais xa pactadas. Así, a empresa pode modificar a xornada laboral, rebaixar o salario,  modificar o horario e a quenda, trasladar o persoal a outro centro de traballo e alterar as  funcións da plantilla, se se produce tan só unha “redución dos ingresos” ou se “prevé” que poidan reducirse. Asimesmo, xa ningunha persoa nova poderá optar, no caso de despido, á indemnización de 45 días por ano traballado, pois xeneralízase a indemnización de 33 días/ano para despidos improcedentes que na práctica verase reducida a 20 días/ ano.

 

Por se isto fora pouco, ábrese a posibilidade de que nos contratos indefinidos  cun ano de proba que, transcorrido ese tempo, pódase despedir ó traballador sen necesidade de indemnización. O que na práctica supón que as empresas poderán utilizar estes novos contratos fixos para obter despidos gratuítos, en vez de optar por contratos temporais que garantían cando menos 8 días por ano traballado.

 

En resumen, trátase da reforma laboral máis regresiva e dañina da historia para o conxunto da clase traballadora e en especial para a xuventude, ademáis de non servir como una solución ó paro estrutural que sofre moi especialmente este sector da poboación.

 

Por todo isto, dende Esquerda Unida facemos un chamamento á xuventude a que se organice e enfronte esta ofensiva contra os dereitos da xuventude traballadora e instamos a desenvolver unha xeira de mobilizacións sostidas, dentro das cales semella necesaria a á convocatoria unitaria por parte do sindicalismo de clase galego dunha FOLGA XERAL como ferramenta de presión e afirmamos que a solución pasa pola toma de conciencia da xuventude da necesidade da loita social

Relacionados