Asemade, al encontrarse na calzada calzada poñen en perigo para a circulación de vehículos. As sinais no medio complicando acceso, principalmente ás persoas con déficit de mobilidade ou beirarrúas moi estreitas son situacións habituais que se atopan ao orde do día.
Esquerda Unida denuncia deficiencias na situación da sinalización en moitos pasos de peóns no barrio do Birloque. Como se pode ver na fotografía, existen pasos de peóns que están situados en curvas en pendente, o que reduce a súa visibilidade por parte dos condutores, aumentando o risco dos peóns que os utilizan.
O grupo municipal de esquerda unida – os verdes preguntará ao goberno municipal no seguinte pleno si permitiría este tipo de deficiencias no centro da cidade, pois os vehículos que circulan por esta estrada teñen o costume de “cortar” a curva, co perigo que supón para a circulación, e os autobuses non poden circular sen invadir o carril contrario, polo que consideramos necesaria a ampliación da calzada e a restrición da velocidade.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “tal e como nos comprometemos seguiremos a trasladar ao pleno do concello as iniciativas emanadas das asembleas de barrio”.