Esquerda Unida coincide coa Unión de Comercio Coruñesa na necesidade de que o concello escoite a súas propostas e suxestións. En lugar diso a concellería de comercio está a sacar a concurso campañas sen consultar a UCC que se está enterando delas por medio da prensa. Esta situación supón un auténtico sen sentido pois o goberno local está a investir cartos nunhas campañas sen escoitar ás entidades as que van dirixidas. Así unha vez máis o PP fai o contrario do que di, mentres presume de participación e de que as decisións se toman na mesa do comercio, logo actúa unilateramente obviando a UCC.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao goberno local a desenvolver un plan global de reactivación do comercio participado por todos os axentes en lugar de tomar decisións illadas e unilaterais como está a facer na actualidade, o que xera ineficacia nas actuacións e dilapidación de cartos públicos, como aconteceu coa campaña bicos que resulto un fiasco ao non ser capaz de incrementar ventas. Apostamos por que o plan incorpore medidas participadas por todos os axentes implicados para que xeñan reais e efectivas de cara a promocionar o comercio, asemade deben estar conectadas entre si para que actúen de maneira sinérxica multiplicando o seu efecto, ao tempo que se avalíen indicadores para comprobar o grado de execución dos obxectivos marcados no dito plan e coñecer, así o retorno económico das ditas medidas.
Dende EU consideramos que o devandito plan debe establecer como alicerces, por unha banda a recuperación da tradicional vida de barrio coruñesa promovendo actividades culturais e de ocio nos barrios e por outra o desenvolvemento dun plan turístico que incentive o consumo das persoas que visitan a cidade, na cidade mediante o deseño, desenvolvemento e promoción proactiva de rutas turísticas-culturais-gastronómicas na cidade que permitiría aos comerciantes coruñeses rendibilizar así os inxentes investimentos en promocións turísticas do Concello.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”solicitaremos unha xuntanza coa UCC para amosarlles o noso apoio e a nosa disposición para colaborar na procura de mellorar a situación que atravesa o sector”