Como por exemplo as Prazas e os espazos públicos significados da cidade deben contar con estas instalacións.
A carencia destas instalacións non deixa de ser significativa da falla de interese por dotar destes servizos á vida cidadá nos diversos recunchos e prazas públicas da cidade. Estes servizos son necesarios para todas e todos, pero en particular os pequenos e maiores adoitan ser os seus primeiros usuarios.
Esquerda Unida entende que nese esforzo por dotar de estas instalacións pola trama urbana da cidade, o Goberno Municipal ten que facer un tratamento diferenciado e prioritario para os sanitarios de nenas e nenos, nas zonas de xogo e parques e naquelas onde hai unha meirande presenza continuada de pequenos e pequenas. Estes servizos diferenciados son necesarios e agradecidos polas nais e pais.
Esquerda Unida quere achegar con esta demanda un servizo que forma parte do catálogo urbano de calquera cidade e que incomprensiblemente na nosa cidade falta. Semella tempo de corrixir tal eiva e instalalos de contado.
Pedímoslle ao Goberno Municipal que desenvolva unha planificación dos espazos onde instalar estes servizos e acometa tal tarefa ao abeiro das dotacións económicas deste orzamento.