Asteleiros públicos

 

Entre silenzos e votos en contra se van producindo despedimentos que lastiman á comarca e que supoñen centos de dramas familiares.

 

A presidencia da SEPI calou na xuntanza de onte co alcalde a votación contraria que o PP impuxo  no Congreso dos Deputados. Javier Galán denuncia que a alcaldía do concello de Ferrol, institución pública chamada a defender os intereses xerais da cidadanía ferrolá, se presta a escenificar unha mentira, cando a realidade evidente é que o PP se nega a consignar no vindeiro orzamento de marzo o investimento para o dique flotante.

 

Esquerda Unida vai a continuar a traballar para condicionar os vindeiros orzamentos no Congreso e nas rúas de xeito que se garanta o dique flotante e o plan de traballo, elementos centrais para garantir emprego e creación de riqueza social na nosa comarca.

 

Se despiden traballadoras e traballadores cada semana namentras o PP busca confundir con medias palabras,  futuros estudos e outras lerias que cando chega a ocasión se traducen en votos en contra de Ferrolterra, denuncia Javier Galán.

 

Esquerda Unida vai apoiar as vindeiras mobilizacións do sindicalismo de clase e da cidadanía de Ferrolterra para forzar nas rúas a teimuda negativa do PP. Será nas loitas onde a clase  traballadora sexa quen de derrotar a cerrazón da maioría absoluta do PP.  O concelleiro de EU augúralle ao PP un desastre social en Ferrol se continúa dando por bo os despedimentos de traballadoras e traballadores cada semana namentras o PP busca confundir con medias palabras,  futuros estudos e outras lerias que cando chega a ocasión se traducen en votos en contra de Ferrolterra, denuncia Javier Galán.

 

Relacionados