Política urbanística do goberno local que prexudica os veciños e veciñas que sofren este aumento de prezos con consecuencias tan graves como que a cidade perda habitantes, tal e como demostran os últimos datos, e que cada vez existan máis vivendas baleiras, xa sexan por mor dos altos prezos de aluguer ou venta ou por actuacións meramente especulativas, mostrando unha vez máis que as medidas de goberno, reflexadas no acordo o que chegaron o PSOE e o BNG, son meras propostas publicitarias posto que se incumpren sistematicamente, como, por exemplo, o punto 10 dese acordo de goberno, no que se pode ler “Pór en marcha as medidas legalmente posibles para mobilizar o parque de vivendas baleiras.”
Por iso o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera a necesidade de apostar por un novo modelo económico que vaia na procura da eco-cidade, da sutentabilidade e da cohesión social, esixindo de tódalas Administracións Públicas un cambio nas políticas que se están a levar a cabo, lesivas para a clase traballadora e que procuran o mantemento do sistema económico causante da crise.
Esquerda Unida Compostela reitera o seu compromiso por este cambio e propón, entre outras medidas; a creación dun parque público de vivendas en réxime de aluguer, reservando, en base a demanda, un número de vivendas adaptadas para axudar a persoas con discapacidade, e a elaboración dun censo de vivendas baleiras practicando e, en base a este censo, unha recarga no IBI ata o 50% máximo que permite a lei, co fin de que estas vivendas se incorporen ó parque público de vivendas en réxime de aluguer.