Nesta ocasión o concello amplía o orzamento para a construcción do parque de Oza en 465.000 € debido a “imprevistos”. Si a argumentación, xa de por si anima a desconfianza, un estudo polo miúdo do incremento indica que a cantidade supón un aumento do 19,99% do orzamento inicial, e dicir, xusto ao límite do 20% que establece a lei de contratos das Administracións públicas para a obriga de convocar concurso público. Ademais o realiza con nocturnidade e alevosia pois o acordo tómase, fora da orde do día, na xunta de Goberno do 30 de decembro.
Xa que logo, Esquerda Unida considera que o concello actuou de mala fe e procurou trato de favor a empresa López Cao na contratación do parque de Oza para evitar desenvolver un concurso público e transparente. Pois resulta inverosímil que sexa necesario ampliar un orzamento case que nun 20% por imprevistos.
O Consello Comarcal de EU Coruña subliña que o Goberno local utiliza habitualmente este tipo de prácticas para conceder contratacións a dedo. Así na construcción deste mismo parque está é a segunda vez que se amplia o orzamento pois en outubro de 2009 ampliouse, tamén a dedo, un incremento de 207.008 €. Tamén incrementaronse outros orzamentos en outras moitas obras como por exemplo no centro cívico do Agora.
O Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, entende que o Goberno coruñés utiliza a lei de modo perverso e torticeiro para satisfacer escuros intereses. Semella que a estratexia do Concello consiste en sacar a concurso proxectos cun orzamento moi inferior ao real, para imposibilitar a concorrencia da maior parte das empresas debido a insustentabilidade económica do devandito proxecto, logo, unha vez que gaña o concurso unha empresa “amiga”, soluciónanse os déficits orzamentarios mediante ampliacións do mesmo concedidas “a dedo”.
Para César Santiso, a devandita práctica resulta indecente e amoral, asemade de amosar claramente o espírito especulativo e a falta de transparencia do Goberno municipal. “A cidadanía coruñesa debería castigar radicalmente estas prácticas, pois non so resulta inaceptable que os poderes públicos se empreguen con tan mala praxes, senón que ademais limitar a libre competencia entre empresas supón un sobrecusto para as arcas municipais”, indicou Santiso.