O órgano instructor dicta o 3 de xuño de 2008 Auto no que se decreta o sobreimento libre e arquivo das presentes dilixencias previas 898/08, o recaer resolución firme que crea efectos de cousa xuzgada no procedimento 327/07 do Xuzgado de 1º instancia número dous, antes mixto 2 de Ferrol, pola divulgación dun boletín informativo sobre a situación do urbanismo en Mugardos, procedimento instruido e sustanciado en virtude da querela presentada en nome e representación de Xosé Fernández Barcia.
A sala da audiencia ten en conta que o citado boletín sobre o urbanismo publicado por Esquerda Unida-Izquierda Unida de Mugardos, “son una explicación que un grupo político pretende trasladar a los ciudadanos de la política urbanística”.
Como consecuencia, a querela e o posterior recurso ante a Audiencia presentado por Julia Cortizas contra a concelleira Pilar Díaz, co obxecto de criminalizar,atemorizar e desacreditar a actuación do noso grupo político e da concelleira é desestimada no ámbito xudicial dándolle a razón a Esquerda Unida e a súa capacidade para informa ós cidadáns.
Dende EU-IU mostramos a nosa satisfación pola resolución da audiencia provincial e reafirmamos unha vez máis o noso compromiso para con o pobo de Mugardos e o seu dereito a seren informados.