Mobilización colectivo IMAN

 

Unha representación do Consello Local de EU desprazouse este sábado 1 de maio ata a Praza do Rei para reunirse cos membros do colectivo vigués IMAN acampados alí dende o luns 26 de abril.

Con esta acción o colectivo vigués quere esixir a Concello de Vigo e Xunta de Galicia a creación urxente dun centro de integración social na nosa cidade, e denunciar a falla de vontade política de ambas institucións nestes anos para que esta reivindicación se converta nunha realidade.

O IMAN considera a creación deste centro unha tarefa urxente, nunha cidade como Vigo na que entre 300 e 400 veciños durmen todas as noites na rúa, e na que constantemente estanse a producir  falececementos de persoas sen teito.

Esquerda Unida recorda ó goberno municipal que a situación social dos indixentes na nosa cidade é crítica, sobre todo nun contexto de crise económica, e pregúntalle á corporación municipal e Xunta cantos indixentes teñen que morrer nas rúas da nosa cidade para das solucións ao albergue de Vigo.

Esquerda Unida fai un chamamento a toda a cidadanía viguesa a participar este martes 4 de maio na concentración convocada polo IMAN ás 19:30 horas na Praza do Rei, e secundada pola Rede Social Galicia Sur, para asixir a creación urxente dun centro de integración social na nosa cidade que de solución ao drama diario de centos de veciños.

Relacionados