Beirarrúas na rúa do Cristo

 

Queremos recordar que nesta rúa se atopan dous edificios públicos, o pavillón municipal e o instituto, polo tanto ademáis dos/as veciños/as, son unhas beirarrúas moi transitadas,ó ser tamén un recorrido habitual para o cemiterio ou para o colexio de infántil e primaria.

Sinalar, que o concello aínda dispón dos/as traballadores/as do Plan de Cooperación coas entidades Locais, e que boa parte dos traballos redactados na memoria presentada á Xunta polo grupo de goberno fan referencia á reposición das beirarrúas en mal estado.

Polo tanto, non chegamos a entender moi ben tanto abandono,xa que non podemos falar neste caso de gran costo económico para as maltrechas arcas municipais.

Relacionados