O noso Grupo Municipal reclama da concellería de cultura que se proceda a encargar de inmediato unha réplica do busto desaparecida para que a nosa cidade renda unha homenaxe cívica a un dos creadores da Galicia republicana, que padeceu a sen razón da violencia fascista.
Foi Díaz Baliño un home que derramou o seu talento creador en diferentes manifestacións: pintor, escritor, deseñador de carrozas, maís sobre todo foi un grande escenógrafo, asemade da súa condición de secretario persoal de Ánxel Casal, outra egrexia vítima da barbarie do golpe de Estado do 36.
O Caderno de Escenografía de Díaz Baliño danos indicacións certas acerca do coñecemento que tiña o noso autor das ideas e realizacións que daquela estaban a sentar as bases para a renovación escenográfica, segundo anota Euloxio Ruibal nun estudo sobre a arte escenográfico editado hai poucos anos.
O Grupo Municipal entende que hai que pór fin a este olvido inexplicable no que anda a concellería de cultura, deixando pasar meses e anos sen acometer a reposición do busto dun persoeiro da nosa cultura, nado en Ferrol, e que nas verbas acesas dun correspondente epistolar o recoñecía como quen espalla a poesía da terra, emprestando o seu capital valor ao pensamento do comediógrafo e á labor dos farsantes.
Incluso a reposición do busto non deixa de ser tamén un aceno ao seu fillo Isaac, outra figura clave para o pulo pola cultura galega. Esquerda Unida reclama pois a fin do deixar morrer o tempo, e facer realidade coa reposición da réplica do busto a recuperación do tempo esperanzado da mellor Galicia, da santa compaña que na Alba de Groria debuxara Castelao, da que Camilo e Isaac forman parte.