Campaña control poboacional das gaivotas

 

Ata o día de hoxe a iniciativa do grupo de goberno sobre esta cuestión é nula, nada de nada.Dende o GM de EU-IU demandamos que o goberno municipal estude as posibilidades para a implantación do programa de control poboacional das gaivotas.

Dende maio ata agosto as gaivotas teñen o seu período de nidificación, polo  tanto cremos que agora é  o momento oportuno para por en marcha o citado programa.Programa que por certo, leva anos implantando noutros concellos costeiros que sofren os mesmos problemas que nós.

O programa como é obvio debe contemplar: a elaboración dun censo poboacional na época de cría, a retirada dos nidos, ovos e as crías presentes no mesmo, e un mapa de edificios onde nidifican.Para esto é necesario a colaboura da poboación, que entendemos o fará con moito gosto, xa que está farta de sofrir o ruido das aves, os malos olores, os coches e rúas cheos de defecacións, o deterioro dos seus tellados por mor da nidificación.etc.

En definitiva, tomemos a inciativa para que Mugardos deixe de sofrir esta invasión de gaviotas polo ben da calidade de vida das/os mugardeses/as.

Relacionados